viernes, 19 de junio de 2009

NA NOSA HORTA..................

Seguindo as instruccións de Uxía e do astrónomo Sol, na clase fixemos unha espantalla: un día apareceron os dous xuntos cun agasallo, unha cruceta, unha pelota, un vestido e perruca do entroido, un cinturón, ademais de varios chapeus. Os pitiños foron decidindo que partes do corpo lle tiñamos que poñer e con que roupa a ían vestir, aínda que foron as profes as que llas foron colocando. Puxémoslle de nome Pitiña Espantalla, e ate lle temos unha canción:

"A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS....

A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS...."

Despois marchamos todos/as xuntos para a horta e a deixamos no seu novo fogar coidando das nosas leitugas, cebolas e allos

No hay comentarios:

Publicar un comentario