viernes, 27 de marzo de 2009

SOL SOLECITO, LUNA LUNERA

Queridas familias; para este finde deixamos unha canción que nos enviaron o pai e a nai de Candela e que pensamos que estaría moi ben compartila con todos vos; esperamos que gustedes dela!!!!!

lunes, 23 de marzo de 2009

CONSTRUIMOS UN SOL

E os pitiños investigaron para saber cousas do sol, trouxeron contos, adiviñas,cancións, vídeos, enciclopedias e ata gafas de sol!!!!!! buscaron en internet,e de súpeto decidiron que querían construir un sol e comezaron a pensar como facelo...........
E redactamos unha lista co material que precisaban para facelo.
-Un compás para facer un círculo grande.
-Purpurina e pintura de dedos amarela e laranxa para imitar a cor do sol.
-Anacos de papel que pegaron para imitar o lume tal e como viron en internet.
-Cartoliña grande, tesouras, pegamento, e as súas mans...

QUEREDES VER O RESULTADO?

lunes, 16 de marzo de 2009

E CO VENTO CHEGOU ...

................... E DE SÚPETO UN DÍA CHEGOU UN PARAUGAS!!!!!!


pero non era un paraugas normal, non... era un paraugas máxico que no seu interior acochaba estrelas, constelacións... e unha carta coa que nos invitaban a investigar,¿sabedes quen?



si, si, é el, o PRINCIPIÑO

OS PITIÑOS TEÑEN UNHA NOVA AMIGA


OLA PIRRUQUIS!!!!!!!!


Vos xa me coñecedes, claroooooooooo!!!!!!!! son Uxía, pero para os vosos papás que ainda non saben quen son, voume presentar, son un títere que lle gusta visitar os pitiños; aínda que as veces son un pouco inqueda, góstame moito levarlle cancións, poesías, debuxos..... os meus amigos os pitiños. Pode que noutra ocasión vos presente algún dos meus amigos!!!!!
Se queredes coñecelos e saber todas as cousas que acontecen na nosa aula estade atentos ao blog.