martes, 23 de junio de 2009

FELICES VACACIÓNS A TODOS /AS!!!!!!!



Agora que rematou o curso e botamos a vista atrás, queremos agradecervos moito a vosa colaboración, o esforzo, o entusiasmo e o voso agarimo que nos fixo sentir tan queridas.
Vaiamos onde vaiamos, sempre lembraremos este ano con moito cariño, e os pitiños sempre estarán na nosa memoria e no noso corazón.

MOITOS, MOITOS BICOS




lunes, 22 de junio de 2009

EN MI CARA REDONDITA

Y esta ha sido la poesía-canción que los pitiños dramatizaron en el festival de fin de curso:

En mi cara redondita tengo ojos y nariz y también tengo una boca para comer y reir. Con los ojos veo todo con la nariz hago: ¡atchiss! y con la boca yo como: ¡palomitas de maíz!

Fuimos los primeros en salir y aunque al principio estábamos un poco nerviosos/as ( incluso las profes)...

...todo salió de maravilla!! y que contentos/as nos pusimos cuando vimos a nuestras familias allí apoyándonos!!


Jorge, Candela, Marta, Juan y Paula fueron los encargados de presentarnos y luego todos/as juntos/as recitamos, cantamos y escenificamos la poesía...tan alto que se nos oía en toda la sala sin necesidad de micrófonos...y pensar que en los primeros ensayos no nos escuchaba ni el cuello de la camisa!!!!!

viernes, 19 de junio de 2009

NA NOSA HORTA..................

Seguindo as instruccións de Uxía e do astrónomo Sol, na clase fixemos unha espantalla: un día apareceron os dous xuntos cun agasallo, unha cruceta, unha pelota, un vestido e perruca do entroido, un cinturón, ademais de varios chapeus. Os pitiños foron decidindo que partes do corpo lle tiñamos que poñer e con que roupa a ían vestir, aínda que foron as profes as que llas foron colocando. Puxémoslle de nome Pitiña Espantalla, e ate lle temos unha canción:

"A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS....

A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS...."

Despois marchamos todos/as xuntos para a horta e a deixamos no seu novo fogar coidando das nosas leitugas, cebolas e allos

viernes, 12 de junio de 2009

E CRECEU UNHA FLOR NO NOSO CORREDOR

TRAS MOITO TEMPO DE ESPERA, PORQUE A PRIMAVERA ESTE ANO NON SE DEIXA VER.....
CRECEU NO NOSO CORREDOR UNHA FLOR FEITA POLOS PITIÑOS... E AINDA QUE AS PROFES RAQUEL E AURORA DIN QUE É FEA, OS PITIÑOS PENSAN QUE É MOI BONITA!!!!! TANTO QUE A QUEREN SUBILA AO CENARIO O DÍA DO FESTIVAL PARA QUE A VEXAN TODAS AS FAMILIAS.


miércoles, 10 de junio de 2009

XA NACERON AS BOLBORETAS

Como ben sabedes todos, xa naceron as nosas bolboretas que ledicia, agora xa coñecemos o seu ciclo vital, dos ovos nacen vermes moi pequenos, que logo comen moito e se poñen moi moi grandes. despois fabrican un capsulo do que saen transformados en bolboretas.
Por último estas poñen moitos ovos dos que sairán vermes pequeniños o ano que ven na primavera, e volta a comezar!!!!


jueves, 4 de junio de 2009

O ASTRÓNOMO SOL E AS FASES DA LÚA

Aínda que vos acabamos de presentar ao astrónomo Sol, non é descoñecido para os pitiños. Souberon del cando no último xogo visual, que fixemos cos peixiños hai dúas semanas, apareceu cunha sorpresa: A LÚA!!! Pero non unha lúa calquera, non! Unha que nun abrir e pechar de ollos pasaba por todas as fases: chea, minguante e crecente. Para agradecerllo cantámoslle a canción de Luna, lunera e recitámoslle unha poesía, que di así:

LÚA, LÚA SOL
LÚA LÚA CARACOL, ...

Pero esta lúa débevos ser moi máxica porque só cambiaba de fase cando os nenos/as estaban moi calados e atentos! e abofé que o estaban que acertaban con todas as fases polas que pasaba!

E aproveitando que os peixiños tiñan na súa clase un globo terráqueo botamos a voar a imaxinación e pensamos no lonxe ou preto que debe estar a lúa da Terra.

miércoles, 3 de junio de 2009

UXÍA PRESENTANOS UN AMIGO!!!!


Ola a todos son uxia!!!!
non sei se sabedes que teño un amigo novo, que se chama astrónomo sol!!!
As veces cando non sei unha cousa preguntolle a el, porque como é moi sabido sempre me axuda.

bicos a todos

lunes, 1 de junio de 2009

COMO PENSA UXIA QUE SE FAI UN ESPANTALLO

Benqueridos pitiños:

Xa me chegou a vosa carta e andivenlle preguntando o astrónomo sol e os meus pais que saben moitas cousas.....
Aquí vos deixo o que atopei para facer un espantallo, AAAAAAAAAAAAAAHHHH!!!! nestes días voulle mandar unha cruceta as profes para que poidades ir comezando!!!! ide pensando as partes do corpo e a roupa que lle ides poñer, ten que quedar moi bonitiño!!!!!!

Bicos de sandía para todos

viernes, 29 de mayo de 2009

OS PITIÑOS ESCRIBEN A UXÍA

Ola papás e mamás, hoxe marchamos á horta e descubrimos que os nosos froitos non estaban a medrar como nós esperabamos; buscando as razóns pensamos que podía ser por mor dos paxaros, polo que decidiron facer un espantallo.


Como algúns non sabían como era e como podiamos facelo, ditáronnos a seguinte carta para Uxía:

viernes, 22 de mayo de 2009

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS XOGOS POPULARES PARA TOD@S

Como celebración previa o día das letras galegas, todos os nenos/as e profes de de infantil puxemos unha camiseta de cor laranxa ( que levamos de agasallo para casa) e disfrutamos de xogos populares: a mariola, o güi-güi, o pano, os birlos, as chapas e a rá. Os de tres anos tivemos a sorte de poder xogar tamén o paracaídas!!!!!!!
Descubrimos que os rapaces/as de primaria tamén xogaron porque todos levaban posta unha camiseta como a nosa.
Foi unha mañá moi divertida aínda que rematamos moi cansos !!!

martes, 19 de mayo de 2009

OS PITIÑOS PISARON A LÚA

Con area da praia, o compás e unha bolsa de plástico negra, fixemos unha lúa para saber a sensación que daba ó pisala, tal e como lle vimos facer nos carteis e libros aos astronautas. Tamén a debuxamos entre todos na pizarra, uns fixeron a súa forma redonda, outros lle puxeron os mares...e cando estivo rematada...
levantamos o pé, e moi forte, moi forte deixamos a nosa pegada!!!!

domingo, 17 de mayo de 2009

O SEGREDO DO LIBRO MÁXICO

Tal e como vos prometimos, o xoves os Pitiños voltamos a clase dos Peixiños para seguir cos nosos xogos visuais na escuridade . Paula, un peixiño, tróuxonos un libro máxico que non se podía ler á luz do día e que precisaba a calor dunha lanterna para mostrar o segredo que gardaba. Como fixemos a semana pasada baixamos as persianas, apagamos a luz e comprobamos que, por moito que mirasemos, non podiamos ler ningunha páxina: estaban todas en branco! Mentres os voluntarios quentaban as páxinas do libro achegando a lanterna, o resto dos rapaces pronunciaban as palabras máxicas que xa empregaramos no seu momento coa Brujita Tapita: ABRACADABRA PATADECABRA!!
E...pouco a pouco comezamos a ver debuxos e letras que compoñían adiviñas como esta:

VIAJA POR EL CIELO
SIN MALETA NI BASTÓN
A UNOS LES PARECE DE QUESO
Y A OTROS DE MELÓN



Entre todos, e despois de moito pensar, fomos resolvéndoas e descubrindo cousas que poden aparecer pola noite na escuridade: lobos, estrelas, lúa, ....

jueves, 14 de mayo de 2009

E O SOL PRECISABA A COMPAÑA DA ... LÚA

E tal e como fixemos o sol.... animámonos a facer a lúa....
O primeiro que fixemos foi decidir que faríamos unha lúa minguante, e non unha lúa chea, e pensar con que materiais iamos pintar os seus mares e os seus cráteres. A profe colleu o compás para facer a lúa, e nós puxémonos mans a obra!!!!!
primeiro pintamos a lúa dunha cor prateada con purpurina, despois construimos os mares con anacos de papel de seda negros e lles botamos cola por enriba. Logo deixamos que secara moi ben para poder encher a lúa con espuma. Tamén pensamos que quedaba máis bonito se lle colgabamos unha estrela dourada, e así a construimos, do mesmo xeito que a lúa. Queredes ver o resultado? pois está colgado no noso corredor!!!!

domingo, 10 de mayo de 2009

E as estrelas apareceron na escuridade

Ola familias,
Dariadesvos conta de que hai xa tempo que non escribimos no blogue. Débese a que estamos intentando mellorar o servicio para que disfrutedes todavía máis do que fan os pitiños na aula. Seguro que nos visitades moitas veces para saber en que estarán a ocupar agora o seu tempo. Darémosvos un pequeno adianto: estamos a traballar con xogos visuais na escuridade. O outro día os pitiños decidiron darlle aos seus compis os peixiños unha sorpresa ensinándolles a manta máxica que eles tiñan na clase. Nos xuntamos os dous grupos na aula dos peixiños, baixamos as persianas e comprobaron que as estrelas e a lúa da manta tiñan luz propia porque era o único que se vía! ...imaxinade cómo brilaban que a foto a quitamos na escuridade!!

O próximo xoves veremos un libro con páxinas en branco que só se pode ler coa luz dunha lanterna!!!

martes, 28 de abril de 2009

Por que quenta máis o sol en verán?

Unha das cousas que máis lles interesaba investigar aos pitiños era a razón de que no verán tivesemos moita máis calor ca no inverno. Para vivencialo as profes fixemos un sol cunha vela e cartoliña para simular os raios. Ao redor del debuxamos unha órbita e fixemos a Terra pintada de azul, que "é como se ve dende o espacio". O primeiro que fixeron, sempre coa supervisión de dous profes ( Aurora, Raquel e/ou Tone)foi comprobar que o sol daba calor poñendo a palma da man preto da vela. Despois, coñeceron o camiño que segue a Terra na súa viaxe o arredor do sol e por último puxeron os carteis indicando onde era inverno e onde era verán na Terra segundo estivese máis preto ou lonxe do sol. Cando puxeron de novo a Terra a andar se decataron de que cando a achegaban ao verán as súas mans tiñan moito más calor que cando se aproximaba ao cartel do inverno.
POR FIN CONSEGUIMOS RESOLVER UNHA DAS DÚBIDAS MÁIS IMPORTANTES QUE TIÑAMOS!

jueves, 23 de abril de 2009

Os pitiños nos ensinan os días da semana

QUE MELLOR FORMA DE APRENDELO QUE CUNHA CANCIÓN???? É A PRIMEIRA QUE GRAVAMOS E ESTAMOS MOI ORGULLOSOS/AS DE QUE SAIRA TAN BEN, PERO TAMÉN ESTAMOS SEGUROS DE QUE MELLORAREMOS COA PRÁCTICA.


Subscribe Free
Add to my Page

martes, 21 de abril de 2009

La luna y el sol




Hace unos días hemos empezado a investigar sobre la luna y ya sabemos un montón de cositas que hemos encontrado en Internet y en una enciclopedia que trajo la profe como que a veces también se puede ver de día, que no siempre tiene la misma forma y que tiene mares pero "no de agua como los de la Tierra" y cráteres. Además hemos aprendido una canción que nos gusta mucho que conocimos gracias a la familia de Andrea, una compi de la clase de los peixiños: EL SOL Y LA LUNA

LA LUNA ES MUY PEQUEÑA,

Y EL SOL ES MUY MAYOR.

LA LUNA TIENE FRÍO,

Y EL SOL TIENE CALOR.

LA LUNA ESTÁ DE NOCHE,

Y EL SOL ESTÁ DE DÍA.

A APLAUDIR, A APLAUDIR CON LA LUNA Y EL SOL,(BIS)

A SALTAR, A SALTAR CON LA LUNA Y EL SOL, (BIS)


martes, 14 de abril de 2009

Subimos a "Megarrayo", o foguete das tartarugas

Ola a todos/as, benvidos/as das vacacións!!!!
Hai uns días estivemos facendo "cohetes" e os colgamos no pasillo... a nosa sorpresa foi que as tartarugas fixeron un moi, pero que moi, moi grande!!!!! que puxeron no final do corredor. Como era xigante pensamos en meternos dentro e ver que había...
e atopamos unha fiestra pola que sacar a cabeza e saudar os nosos compis, foi moi divertido pensar como se vía a terra dende o espacio: azul pola auga dos mares, ríos, e "piscinas" e verde polos árbores e pola herba dos bosques.....

lunes, 6 de abril de 2009

Los duendes juguetones nos envían un premio



Qué contentos se van a poner los pitiños!!!! Acaban de recibir su segundo premio : mira que blog tan chulo! Esta vez nos viene de la mano de la profe Nai y los duendes juguetones, del blog http://duendesjuguetones.blogspot.com/ . Si el primero lo celebraron con saltos y palmas, no queremos imaginar cómo se emocionarán ahora!! Esto debe significar que lo estamos haciendo bien.
Como el anterior, el premio implica unos pasos:
1. Exhibir la imagen del premio “Olha que blog Maneiro”.
2. Poner el nombre del blog que te lo dio.
3. Indicar tus 10 blogs.
4. Avisar a los indicados.
5. Publicar las reglas.
6. Comprobar que los blogs indicados sigan las reglas.

Así que ......tantatachán!!!! Los premiados son:

http://coledelafantasia.blogspot.com/
http://migallasdecatoira.blogspot.com/
http://maritesa.blogspot.com/
http://tartarugasdepanxon.blogspot.com/
http://onosofaro.blogspot.com/
http://paratuhijo.blogspot.com/
http://bibliopoemes.blogspot.com/
http://anllepernas.blogspot.com/
http://bulebuleblog.blogspot.com/
http://sotaodasideias.blogspot.com/

Felicidades a tod@s y gracias por vuestro trabajo que tanto nos ayuda!

besotes

viernes, 3 de abril de 2009

Os pitiños marchan de vacacións!!!!


Ole, ole, ole mañán non hai cole!!!!!
Desexámosvos unhas felices vacacións a todos/as que están moi merecidas, e voltamos a vernos o martes 14 de marzo de 2009. Pero ollo!! Estade atentos ao blogue non vaia a ser que nesta semana vos mandemos algo interesante!!!
bicos para todos/as das profes e de Uxía.

jueves, 2 de abril de 2009

NUESTRO TRABAJO TIENE PREMIO!!!!!!



Carolina del blog http://megustamicole.blogspot.com/ , nos ha concedido el premio limonada ¡Es nuestro primer premio, que ilusión!!!! eso nos anima un montón para seguir adelante y compartir muchas más cosas con todos y todas ¡MUCHiSíSIMAS GRACIAS por pensar en nosotros!
Cada premio que se recibe conlleva unas condiciones y éstas son las del premio limonada
1. Poner el logo en el post o en el blog.
2. Nominar al menos otros 5 blogs que muestren una gran actitud y/o gratitud.
3. Asegurarse de enlazar bien a los nominados en el post.
4. Hacerles saber que han recibido este premio mediante un comentario en su blog.
5. Esparcir el amor y no olvidarse de enlazar a quien te premió.Les paso este premio limonada con muchísimo cariño a los siguientes blogs:
http://ratosdeescola.blogspot.com
http://anllepernas.blogspot.com
http://educpreescolar.blogspot.com/
http://lospequesdelpicasso.blogspot.com/
http://sereassencadeas.blogspot.com/
esperamos que este premio os haga tanta ilusión como nos hizo a nosotras.

besos a todas/os

miércoles, 1 de abril de 2009

OS PITIÑOS TEÑEN MASCOTAS!!



Ola a todos, os pitiños temos amigos novos, aínda que son moi pequerrechiños!!
estamos a aprender moitas cousas sobre eles: o seu ciclo vital, as súas necesidades de alimentación, coidados, compaña.... e sobre todo temos moitas ganas de ver cando se convirten en bolboretas!!!!
Estamos un pouco preocupados/as porque non sabemos quen os vai coidar nas vacacións de semana santa, así que se alguén se anima a coidalos por favor que deixe o aviso no blog ou que fale cas profes Aurora e Raquel.


viernes, 27 de marzo de 2009

SOL SOLECITO, LUNA LUNERA

Queridas familias; para este finde deixamos unha canción que nos enviaron o pai e a nai de Candela e que pensamos que estaría moi ben compartila con todos vos; esperamos que gustedes dela!!!!!

lunes, 23 de marzo de 2009

CONSTRUIMOS UN SOL

E os pitiños investigaron para saber cousas do sol, trouxeron contos, adiviñas,cancións, vídeos, enciclopedias e ata gafas de sol!!!!!! buscaron en internet,e de súpeto decidiron que querían construir un sol e comezaron a pensar como facelo...........
E redactamos unha lista co material que precisaban para facelo.
-Un compás para facer un círculo grande.
-Purpurina e pintura de dedos amarela e laranxa para imitar a cor do sol.
-Anacos de papel que pegaron para imitar o lume tal e como viron en internet.
-Cartoliña grande, tesouras, pegamento, e as súas mans...

QUEREDES VER O RESULTADO?

lunes, 16 de marzo de 2009

E CO VENTO CHEGOU ...

................... E DE SÚPETO UN DÍA CHEGOU UN PARAUGAS!!!!!!


pero non era un paraugas normal, non... era un paraugas máxico que no seu interior acochaba estrelas, constelacións... e unha carta coa que nos invitaban a investigar,¿sabedes quen?



si, si, é el, o PRINCIPIÑO

OS PITIÑOS TEÑEN UNHA NOVA AMIGA


OLA PIRRUQUIS!!!!!!!!


Vos xa me coñecedes, claroooooooooo!!!!!!!! son Uxía, pero para os vosos papás que ainda non saben quen son, voume presentar, son un títere que lle gusta visitar os pitiños; aínda que as veces son un pouco inqueda, góstame moito levarlle cancións, poesías, debuxos..... os meus amigos os pitiños. Pode que noutra ocasión vos presente algún dos meus amigos!!!!!
Se queredes coñecelos e saber todas as cousas que acontecen na nosa aula estade atentos ao blog.