Ola familias,
Dariadesvos conta de que hai xa tempo que non escribimos no blogue. Débese a que estamos intentando mellorar o servicio para que disfrutedes todavía máis do que fan os pitiños na aula. Seguro que nos visitades moitas veces para saber en que estarán a ocupar agora o seu tempo. Darémosvos un pequeno adianto: estamos a traballar con xogos visuais na escuridade. O outro día os pitiños decidiron darlle aos seus compis os peixiños unha sorpresa ensinándolles a manta máxica que eles tiñan na clase. Nos xuntamos os dous grupos na aula dos peixiños, baixamos as persianas e comprobaron que as estrelas e a lúa da manta tiñan luz propia porque era o único que se vía! ...imaxinade cómo brilaban que a foto a quitamos na escuridade!!
O próximo xoves veremos un libro con páxinas en branco que só se pode ler coa luz dunha lanterna!!!
Video Semana de Arte Alternativo
Hace 15 años
Hola!! Soy Patri, profe de educación infantil de un cole de Ferrol. Tengo un premio para vosotras en mi blog por vuestro maravilloso trabajo, podeis pasar a buscarlo cuando querais. Espero que os guste y os haga ilusión! Mi blog es http://www.patriysuclase.blogspot.com
ResponderEliminarBesitos desde Ferrol.
Holitas!!!!!!
ResponderEliminarOs he dejado un regalito en mi blog!!!!!! Espero que os guste :)
Un besote muy muy fuerte!!!!
Hola chicas!
ResponderEliminarMuchísimas gracias por vuestros premios!!! Como habreis visto no los hemos colgado, aunque nos han hecho mucha ilusión. Pensamos que el poco tiempo del que disponemos es mejor dedicarlo a posts sobre actividades del aula.
Un besote
Raque
A verdade é que si que poñíamos en falta todas esas cousas que facedes e coas que disfrutamos tanto. ás veces, os nenos non saben explicar, o que fan (mellor dito nós non sabemos entender o que nos contan), deste xeito podemos ser moito máis interactivos...encántame!!!
ResponderEliminarOla as pitiñ@s, felicidades polo voso blog, pareceme un traballo estupendo pola vosa parte e un grande esforzo.
ResponderEliminarMoitas grazas por transmitirnolo voso traballo e por educar os nosos fillos.
Un bicaso.
Ola, pitiñ@s. Dende logo é un gustazo que compartades connosco todas estas vivencias a través do blog. Graciñas polo voso esforzo.
ResponderEliminarOla familias,
ResponderEliminarEstamos encantadas coa vosa participación. Aínda que sexa reiterativo, son os vosos comentarios os que nos animan a seguir escribindo e a mellorar o noso traballo.
Tamén pensamos que, como decides nun dos vosos comentarios, esta ferramenta será moi útil para entender mellor as explicacións dos vos@s fill@s e para mellorar a comunicación familia-escola. Amimádevos a ler o blogue xuntos para que vos conten máis polo miúdo o que fixeron ese día e como viviron a experiencia e incluso a escribir co nen@ un pequeno comentario. Estas son as pequenas cousas que os animan e motivan a achegarse ao mundo da lectura e a escritura.
un saúdo