viernes, 29 de mayo de 2009

OS PITIÑOS ESCRIBEN A UXÍA

Ola papás e mamás, hoxe marchamos á horta e descubrimos que os nosos froitos non estaban a medrar como nós esperabamos; buscando as razóns pensamos que podía ser por mor dos paxaros, polo que decidiron facer un espantallo.


Como algúns non sabían como era e como podiamos facelo, ditáronnos a seguinte carta para Uxía:

viernes, 22 de mayo de 2009

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS XOGOS POPULARES PARA TOD@S

Como celebración previa o día das letras galegas, todos os nenos/as e profes de de infantil puxemos unha camiseta de cor laranxa ( que levamos de agasallo para casa) e disfrutamos de xogos populares: a mariola, o güi-güi, o pano, os birlos, as chapas e a rá. Os de tres anos tivemos a sorte de poder xogar tamén o paracaídas!!!!!!!
Descubrimos que os rapaces/as de primaria tamén xogaron porque todos levaban posta unha camiseta como a nosa.
Foi unha mañá moi divertida aínda que rematamos moi cansos !!!

martes, 19 de mayo de 2009

OS PITIÑOS PISARON A LÚA

Con area da praia, o compás e unha bolsa de plástico negra, fixemos unha lúa para saber a sensación que daba ó pisala, tal e como lle vimos facer nos carteis e libros aos astronautas. Tamén a debuxamos entre todos na pizarra, uns fixeron a súa forma redonda, outros lle puxeron os mares...e cando estivo rematada...
levantamos o pé, e moi forte, moi forte deixamos a nosa pegada!!!!

domingo, 17 de mayo de 2009

O SEGREDO DO LIBRO MÁXICO

Tal e como vos prometimos, o xoves os Pitiños voltamos a clase dos Peixiños para seguir cos nosos xogos visuais na escuridade . Paula, un peixiño, tróuxonos un libro máxico que non se podía ler á luz do día e que precisaba a calor dunha lanterna para mostrar o segredo que gardaba. Como fixemos a semana pasada baixamos as persianas, apagamos a luz e comprobamos que, por moito que mirasemos, non podiamos ler ningunha páxina: estaban todas en branco! Mentres os voluntarios quentaban as páxinas do libro achegando a lanterna, o resto dos rapaces pronunciaban as palabras máxicas que xa empregaramos no seu momento coa Brujita Tapita: ABRACADABRA PATADECABRA!!
E...pouco a pouco comezamos a ver debuxos e letras que compoñían adiviñas como esta:

VIAJA POR EL CIELO
SIN MALETA NI BASTÓN
A UNOS LES PARECE DE QUESO
Y A OTROS DE MELÓN



Entre todos, e despois de moito pensar, fomos resolvéndoas e descubrindo cousas que poden aparecer pola noite na escuridade: lobos, estrelas, lúa, ....

jueves, 14 de mayo de 2009

E O SOL PRECISABA A COMPAÑA DA ... LÚA

E tal e como fixemos o sol.... animámonos a facer a lúa....
O primeiro que fixemos foi decidir que faríamos unha lúa minguante, e non unha lúa chea, e pensar con que materiais iamos pintar os seus mares e os seus cráteres. A profe colleu o compás para facer a lúa, e nós puxémonos mans a obra!!!!!
primeiro pintamos a lúa dunha cor prateada con purpurina, despois construimos os mares con anacos de papel de seda negros e lles botamos cola por enriba. Logo deixamos que secara moi ben para poder encher a lúa con espuma. Tamén pensamos que quedaba máis bonito se lle colgabamos unha estrela dourada, e así a construimos, do mesmo xeito que a lúa. Queredes ver o resultado? pois está colgado no noso corredor!!!!

domingo, 10 de mayo de 2009

E as estrelas apareceron na escuridade

Ola familias,
Dariadesvos conta de que hai xa tempo que non escribimos no blogue. Débese a que estamos intentando mellorar o servicio para que disfrutedes todavía máis do que fan os pitiños na aula. Seguro que nos visitades moitas veces para saber en que estarán a ocupar agora o seu tempo. Darémosvos un pequeno adianto: estamos a traballar con xogos visuais na escuridade. O outro día os pitiños decidiron darlle aos seus compis os peixiños unha sorpresa ensinándolles a manta máxica que eles tiñan na clase. Nos xuntamos os dous grupos na aula dos peixiños, baixamos as persianas e comprobaron que as estrelas e a lúa da manta tiñan luz propia porque era o único que se vía! ...imaxinade cómo brilaban que a foto a quitamos na escuridade!!

O próximo xoves veremos un libro con páxinas en branco que só se pode ler coa luz dunha lanterna!!!