martes, 28 de abril de 2009

Por que quenta máis o sol en verán?

Unha das cousas que máis lles interesaba investigar aos pitiños era a razón de que no verán tivesemos moita máis calor ca no inverno. Para vivencialo as profes fixemos un sol cunha vela e cartoliña para simular os raios. Ao redor del debuxamos unha órbita e fixemos a Terra pintada de azul, que "é como se ve dende o espacio". O primeiro que fixeron, sempre coa supervisión de dous profes ( Aurora, Raquel e/ou Tone)foi comprobar que o sol daba calor poñendo a palma da man preto da vela. Despois, coñeceron o camiño que segue a Terra na súa viaxe o arredor do sol e por último puxeron os carteis indicando onde era inverno e onde era verán na Terra segundo estivese máis preto ou lonxe do sol. Cando puxeron de novo a Terra a andar se decataron de que cando a achegaban ao verán as súas mans tiñan moito más calor que cando se aproximaba ao cartel do inverno.
POR FIN CONSEGUIMOS RESOLVER UNHA DAS DÚBIDAS MÁIS IMPORTANTES QUE TIÑAMOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario