Aínda que vos acabamos de presentar ao astrónomo Sol, non é descoñecido para os pitiños. Souberon del cando no último xogo visual, que fixemos cos peixiños hai dúas semanas, apareceu cunha sorpresa: A LÚA!!! Pero non unha lúa calquera, non! Unha que nun abrir e pechar de ollos pasaba por todas as fases: chea, minguante e crecente. Para agradecerllo cantámoslle a canción de Luna, lunera e recitámoslle unha poesía, que di así:
LÚA, LÚA SOL
LÚA LÚA CARACOL, ...
Pero esta lúa débevos ser moi máxica porque só cambiaba de fase cando os nenos/as estaban moi calados e atentos! e abofé que o estaban que acertaban con todas as fases polas que pasaba!
E aproveitando que os peixiños tiñan na súa clase un globo terráqueo botamos a voar a imaxinación e pensamos no lonxe ou preto que debe estar a lúa da Terra.
Video Semana de Arte Alternativo
Hace 15 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario