martes, 23 de junio de 2009

FELICES VACACIÓNS A TODOS /AS!!!!!!!



Agora que rematou o curso e botamos a vista atrás, queremos agradecervos moito a vosa colaboración, o esforzo, o entusiasmo e o voso agarimo que nos fixo sentir tan queridas.
Vaiamos onde vaiamos, sempre lembraremos este ano con moito cariño, e os pitiños sempre estarán na nosa memoria e no noso corazón.

MOITOS, MOITOS BICOS




lunes, 22 de junio de 2009

EN MI CARA REDONDITA

Y esta ha sido la poesía-canción que los pitiños dramatizaron en el festival de fin de curso:

En mi cara redondita tengo ojos y nariz y también tengo una boca para comer y reir. Con los ojos veo todo con la nariz hago: ¡atchiss! y con la boca yo como: ¡palomitas de maíz!

Fuimos los primeros en salir y aunque al principio estábamos un poco nerviosos/as ( incluso las profes)...

...todo salió de maravilla!! y que contentos/as nos pusimos cuando vimos a nuestras familias allí apoyándonos!!


Jorge, Candela, Marta, Juan y Paula fueron los encargados de presentarnos y luego todos/as juntos/as recitamos, cantamos y escenificamos la poesía...tan alto que se nos oía en toda la sala sin necesidad de micrófonos...y pensar que en los primeros ensayos no nos escuchaba ni el cuello de la camisa!!!!!

viernes, 19 de junio de 2009

NA NOSA HORTA..................

Seguindo as instruccións de Uxía e do astrónomo Sol, na clase fixemos unha espantalla: un día apareceron os dous xuntos cun agasallo, unha cruceta, unha pelota, un vestido e perruca do entroido, un cinturón, ademais de varios chapeus. Os pitiños foron decidindo que partes do corpo lle tiñamos que poñer e con que roupa a ían vestir, aínda que foron as profes as que llas foron colocando. Puxémoslle de nome Pitiña Espantalla, e ate lle temos unha canción:

"A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS....

A PITIÑA ESPANTALLA, COIDA AS NOSAS LEITUGUIÑAS...."

Despois marchamos todos/as xuntos para a horta e a deixamos no seu novo fogar coidando das nosas leitugas, cebolas e allos

viernes, 12 de junio de 2009

E CRECEU UNHA FLOR NO NOSO CORREDOR

TRAS MOITO TEMPO DE ESPERA, PORQUE A PRIMAVERA ESTE ANO NON SE DEIXA VER.....
CRECEU NO NOSO CORREDOR UNHA FLOR FEITA POLOS PITIÑOS... E AINDA QUE AS PROFES RAQUEL E AURORA DIN QUE É FEA, OS PITIÑOS PENSAN QUE É MOI BONITA!!!!! TANTO QUE A QUEREN SUBILA AO CENARIO O DÍA DO FESTIVAL PARA QUE A VEXAN TODAS AS FAMILIAS.


miércoles, 10 de junio de 2009

XA NACERON AS BOLBORETAS

Como ben sabedes todos, xa naceron as nosas bolboretas que ledicia, agora xa coñecemos o seu ciclo vital, dos ovos nacen vermes moi pequenos, que logo comen moito e se poñen moi moi grandes. despois fabrican un capsulo do que saen transformados en bolboretas.
Por último estas poñen moitos ovos dos que sairán vermes pequeniños o ano que ven na primavera, e volta a comezar!!!!


jueves, 4 de junio de 2009

O ASTRÓNOMO SOL E AS FASES DA LÚA

Aínda que vos acabamos de presentar ao astrónomo Sol, non é descoñecido para os pitiños. Souberon del cando no último xogo visual, que fixemos cos peixiños hai dúas semanas, apareceu cunha sorpresa: A LÚA!!! Pero non unha lúa calquera, non! Unha que nun abrir e pechar de ollos pasaba por todas as fases: chea, minguante e crecente. Para agradecerllo cantámoslle a canción de Luna, lunera e recitámoslle unha poesía, que di así:

LÚA, LÚA SOL
LÚA LÚA CARACOL, ...

Pero esta lúa débevos ser moi máxica porque só cambiaba de fase cando os nenos/as estaban moi calados e atentos! e abofé que o estaban que acertaban con todas as fases polas que pasaba!

E aproveitando que os peixiños tiñan na súa clase un globo terráqueo botamos a voar a imaxinación e pensamos no lonxe ou preto que debe estar a lúa da Terra.

miércoles, 3 de junio de 2009

UXÍA PRESENTANOS UN AMIGO!!!!


Ola a todos son uxia!!!!
non sei se sabedes que teño un amigo novo, que se chama astrónomo sol!!!
As veces cando non sei unha cousa preguntolle a el, porque como é moi sabido sempre me axuda.

bicos a todos