Tal e como vos prometimos, o xoves os Pitiños voltamos a clase dos Peixiños para seguir cos nosos xogos visuais na escuridade . Paula, un peixiño, tróuxonos un libro máxico que non se podía ler á luz do día e que precisaba a calor dunha lanterna para mostrar o segredo que gardaba. Como fixemos a semana pasada baixamos as persianas, apagamos a luz e comprobamos que, por moito que mirasemos, non podiamos ler ningunha páxina: estaban todas en branco! Mentres os voluntarios quentaban as páxinas do libro achegando a lanterna, o resto dos rapaces pronunciaban as palabras máxicas que xa empregaramos no seu momento coa Brujita Tapita:
ABRACADABRA PATADECABRA!!E...pouco a pouco comezamos a ver debuxos e letras que compoñían adiviñas como esta:
VIAJA POR EL CIELO
SIN MALETA NI BASTÓN
A UNOS LES PARECE DE QUESO
Y A OTROS DE MELÓNEntre todos, e despois de moito pensar, fomos resolvéndoas e descubrindo cousas que poden aparecer pola noite na escuridade: lobos, estrelas, lúa, ....